GRUPOS DE TRABALLO
¿Que é INSPIRA?
É unha experiencia transformadora e de autocoñecemento.
Un espazo de encontro de mulleres no que podemos falar, facernos escoitar, crear, aprender e coñecernos, inspirándonos.
Poñemos no centro as emocións, o corpo, o movemento, a música, o vídeo, as artes plásticas, a sexualidade e os límites como canles de entrada á transformación persoal.
O grupo funciona como unha caixa de resonancia, así como un lugar seguro onde podemos experimentar e explorar o que nos une na nosa humanidade.
En Mandala buscamos o TEU benestar
Chamar ao 678 89 32 64